Benvidas!



Benvidas á páxina de La Ricotta. Aquí podes atopar información sobre o proxecto, as súas motivacións, finalidades, implementación, a descrición das súas actividades, eventos, obxectivos futuros e formas de colaborar para quen o desexe.

Unha descrición do proxecto está dispoñible aquí. Boa parte do proxecto está xestionado a través da Asociación Cultural La Ricotta, que se rexe polos documentos que se atopan nesta ligazón e que tentan reflectir a filosofía básica do proxecto. As persoas interesadas en coñecela están convidadas a visitala e pasar un período nela. Aquí explicamos as modalidades de hospitalidade.

Estaremos encantados de proporcionar máis información a quen a queira.

O proxecto sitúase en As Barreiras, aldea – deshabitada ata a instalación deste proxecto – de Castro Caldelas (Ourense). É facilmente accesible dende Ourense no autobús con destino Raigada, baixando na parada de San Xulián ou de Castro Caldelas. Dende estas paradas pódese chegar a As Barreiras cun paseo de 30-40 minutos. Para a maioría das orixes, é recomendable chegar previamente a Ourense en tren ou autobús, e conectar co autobús con destino Raigada. Recomendamos planificar a viaxe en transporte colectivo, por varias razóns: medioambientais; saturación de aldeas, vilas e estradas (sobre todo en períodos vacacionais); espazo reducido onde poder aloxar o seu propio vehículo nas Barreiras e zonas limítrofes (deixando o pouco existente a disposición de quen realmente non ten alternativa).