La Ricotta
deseña e organiza eventos académicos que combinan un entorno científicamente estimulante e informal, orientado a fomentar a interacción entre os participantes, cun impacto cultural no contorno no que se desenvolven.
Actualmente organízanse dúas series de eventos:
La Ricotta Summer Schools, escolas de verán para estudantes de posgrao e mozos investigadores, e
La Ricotta Workshops, workshops para investigadores.
Ambos inclúen actividades abertas ao público (charlas, talleres e/ou experimentos), impartidas en castelán ou en galego.
Estes eventos financíanse mediante fondos externos, xeralmente previstos en axudas concedidas a investigadores ou en recursos postos a disposición por universidades e centros de investigación para a organización deste tipo de iniciativas. En consecuencia, buscamos a colaboración de investigadores, universidades e centros de investigación, ofrecendo eventos académicos de alto nivel científico que, grazas a unha xestión eficiente dos recursos, permiten eliminar barreiras económicas á participación.
Para acadar este último obxectivo, todos os custos das persoas participantes serán cubertos, agás o transporte ata o aeroporto de Santiago de Compostela ou ata as estacións de tren e autobús de Ourense. O aloxamento proporcionarase en forma de tendas de campaña, incluíndo colchonetas inchables, saco de durmir e toalla, e todas as comidas serán ofrecidas. Isto permite tanto crear un ambiente informal e familiar que estimule a socialización e o intercambio de ideas, como reducir a posibilidade de que estudantes de doutoramento ou investigadores novos non participen por non dispoñer de recursos económicos para asistir a un evento de longa duración, no convencemento de que a dispoñibilidade de recursos non determina a súa calidade científica nin a súa idoneidade para participar en eventos científicos.
As persoas interesadas en organizar unha escola de verán ou un workshop en La Ricotta poden presentar a súa solicitude mediante o módulo dedicado, dispoñible para as
La Ricotta Summer Schools
e os
La Ricotta Workshops
,
enviándo por correo electrónico a
laricotta_proyecto@anche.no
co asunto La Ricotta Summer School/Workshop Application.
O prazo para presentar a solicitude para organizar estes eventos en 2027
ábrese o 7 de Abril de 2026 e péchase o 30 de Agosto de 2026.
A Asociación Cultural La Ricotta ocuparase de toda a loxística dos eventos seleccionados, ofrecendo e xestionando tanto o aloxamento como as comidas, e asesorando, no caso de que se solicite, sobre o programa científico. Para máis información, non dubidedes en escribir por correo electrónico a
laricotta_proyecto@anche.no
co asunto La Ricotta Academic Events – Further Information Request.
La Ricotta Summer Schools:
Son escolas de verán cunha duración mínima de dúas semanas, con dous ponentes por semana e, actualmente, 25 participantes. Cada ponente imparte un curso de 7,5 horas, xeralmente pola mañá, complementado con 5 horas de tutorías e 2,5 horas, os venres, de tutorías conxuntas entre os ponentes da semana.
Aos ponentes ofrécese aloxamento nunha casa tradicional galega, mentres que os participantes alóxanse en tendas de campaña individuais equipadas con colchoneta hinchable, saco de durmir e toalla.
As La Ricotta Summer Schools inclúen tamén actividades abertas ao público.
O formato pode modificarse segundo as necesidades, respectando sempre o enfoque pedagóxico.
Ata a data, existen dous ciclos de escolas: The Disordered Universe, que conta con dúas edicións (2025 e 2026) e céntrase en entender os primeiros instantes do universo a través da intersección de ideas procedentes de distintos campos, como cosmoloxía, scattering amplitudes en física de partículas, sistemas cuánticos abertos, gravidade en espazos-tempo en expansión e sistemas desordenados; e The Quantum in the Haystack, que céntrase en aspectos teóricos da teoría da información cuántica, cuxa primeira edición terá lugar en 2026.
La Ricotta Workshops:
Son workshops orientados á discusión que, baixo un tema común, reúnen a investigadores de distintos campos para compartir e sintetizar as súas perspectivas, co obxectivo de formular as preguntas adecuadas que permitan arroxar luz sobre problemas de longa data.
O primeiro La Ricotta Workshop, Expanding Thoughts in de Sitter terá lugar en 2026.
Obxectivos académicos
- crear un ambiente dinámico que favoreza o intercambio de ideas e a colaboración;
- implementar unha pedagogía que facilite a reflexión;
- eliminar barreiras económicas á participación, limitando o apoio necesario por parte da institución de afiliación;
- optimizar os recursos económicos para ofrecer eventos da máxima calidade científica e a máxima cobertura loxística para as persoas partecipantes.
Impacto no contorno
- romper a barreira entre o mundo académico e o resto da sociedade a través dunha interacción continua, directa e informal entre participantes dos eventos e a poboación da comarca;
- achegar o coñecemento académico e os seus métodos á poboación da comarca de forma amena pero rigorosa;
- proporcionar unha oferta cultural nova, dinámica, informal e gratuíta para a poboación da comarca;
- fomentar a dinamización do rural con actividades ao longo do ano para e coas persoas que viven na comarca.
