Colabora



Todas as persoas interesadas en colaborar na realización do proxecto La Ricotta teñen varias formas de contribuir. Nesta páxina explicamos como.



Visítenos!

A primeira forma de contribuír á realización de La Ricotta é participando nas miles de actividades diarias na medida en que cada persoa poda. Estas actividades implican tanto tarefas máis físicas para a recuperación e mantemento do solo, o medio ambiente, as instalacións e o seu desenvolvemento, como educativas. As visitas xestionaranse segundo se especifica no apartado Hospitalidade. Pedimos que lea esa sección antes de contactar connosco: estaremos encantadas de proporcionarlle aclaracións e/ou máis información.

Contacto: laricotta_ass_cult@anche.no Asunto: Visitas.


Asociarse

Outra forma de contribuír é unirse á Asociación Cultural La Ricotta como persona asociada, o que supón un compromiso maior e máis continuo no tempo. As modalidades de asociación están reguladas polos Estatutos e a dinámica interna da Asociación Cultural La Ricotta está regulada polo Regulamento de Réxime Interno.


DOAZÓN mATERIAL non utilizaDo

En La Ricotta tratamos reutilizar materiais e obxectos que se adoitan tirar. Neste momento, parécenos especialmente útiles: botellas e xerras de plástico transparente de capacidade superior ou igual a 2 litros; botellas de vidro de 0.33 litros; botellas de vidro de 0.75, 1, 0 1.5 litros; envases de iogur de plástico cunha capacidade superior ou igual a 125 gramos; envases de todo tipo para uso alimentario; caixas para froita. Podéis consultar connosco para a doazón que no caso tengáis materiais e obxectos sen utilizadar que non entren  na lista anterior.

Contacto: laricotta_ass_cult@anche.no . Asunto: Reutilizo.


doazón Económica

Por desgraza, espírito de iniciativa, colaboración, tecnoloxías axeitadas, reciclaxe e reutilización, e… tanta boa vontade, non sempre son suficientes para afrontar todos os retos cotiáns sen contar cunha dispoñibilidade, aínda mínima, de diñeiro. Así que outra forma de colaborar é mediante unha achega económica, por pequena que sexa. Calquera persoa interesada nesta modalidade de colaboración pode poñerse en contacto con nós tanto para aclaracións como para que lle facilitemos a información necesaria. Pola nosa banda, estamos interesadas ​​en saber máis sobre a orixe da doazón.

A comezos de cada ano publicaremos no apartado Documentos un informe sobre as doazóns recibidas, o seu uso e, eventualmente, a cantidade aínda dispoñible.

Contacto: laricotta_ass_cult@anche.no . Asunto: Doazón económica.


Financiamento dun proxecto específico

Nalgúns casos, é posible que necesitemos colaboración para levar a cabo un proxecto concreto, xa sexa un evento educativo (por exemplo unha escola de verán) ou traballos de diversa índole (por exemplo, a reparación dun colector de auga, a creación dun sistema de fitodepuración de augas grises, a creación de estanques, etc…). Publicaremos aquí a lista de proxectos segundo vaian xurdindo e segundo a súa prioridade, co orzamento asociado (canto antes) e a súa eventual variación (no caso de que cambien os prezos) — se é o caso acompañarase o informe, en enlaces específicos, con unha ficha técnica de cada unha das obras a realizar. As persoas interesadas ​​poden poñerse en contacto connosco, estaremos encantadas de achegar todas as aclaracións necesarias.

Contacto: laricotta_ass_cult@anche.no . Asunto: Nome(s) Proxecto(s).


Doazón de plantas e sementes

Un dos proxectos permanentes de La Ricotta é a recuperación de terreos abandonados. Algúns deles serán convertidos ao cultivo para soster a vida en La Ricotta e as súas actividades, outros terán unha función ambiental e didáctica, restaurando bosques, creando un xardín botánico e cunha pequena parte para hortas didácticas. Quen estea interesada neste aspecto pode contribuír ao desenvolvemento desta parte do proxecto doando plantas ou sementes. No enlace ao final deste texto atoparás a lista de plantas e sementes que necesitamos: o criterio básico para a selección de plantas, variedades e cultivares é a súa adaptabilidade ao microclima da zona ou a posibilidade de que se pode adaptarse.

Pedimos que antes de proceder ao envío das plantas se poña en contacto con nós: por un lado este proxecto ten tempos intrínsecos e por outro depende da nosa capacidade para realizar os traballos necesarios, por iso é importante acordar a recepción de plantas e sementes para que a súa xestión entre nos plans de desenvolvemento desta parte do proxecto — e tamén hai que ter en conta que as plantas novas necesitan coidados especiais e que a probabilidade que as sementes xerminen pode reducirse ao longo do tempo se non se conservan adecuadamente.

Plantas e sementes de interese

Contacto: laricotta_ass_cult@anche.no . Asunto: Plantas y semillas.


doaZón de Libros

En La Ricotta estamos ponendo en marcha unha biblioteca que poida ser un soporte para todas as actividades que se vaian realizar e que tamén poida converterse nun referente e un estímulo para as persoas da comarca. Os libros actualmente presentes foron postos a disposición polas persoas socias da Asociación Cultural La Ricotta. Sen embargo pretendemos enriquecela. Por este motivo, aceptamos libros.

Privilexiamos os libros usados ​​pero en bo estado, para darlles nova vida. No que se refire aos libros novos, aceptámolos principalmente en relación con publicacións máis recentes para as que pode resultar difícil que existan libros usados. Ao final deste texto podedes atopar unha lista de libros que consideramos necesarios e que trataremos de manter actualizada. Os libros poden estar nunha das linguas das que teñamos polo menos un coñecemento mínimo: galego, castelán, catalán, valenciano, portugués, inglés, italiano e calquera dialecto ou (denominada) lingua menor en Italia e na península ibérica — coa integración no tempo de persoas novas, esta lista pódese ampliar. Intentase privilexiar: libros en lingua orixinal (se a lingua está na lista anterior); se son disponivel, aquelas edicións en dobre idioma (orixinal e galego ou castelán) para aquelos que estean escritos orixinalmente nunha lingua non incluída na lista anterior; para a mesma clase de libros, as edicións poden ser en galego ou castelán se non existe unha edición en dobre idioma. As temáticas dos libros poden ser moi variadas. Na actualidade, a biblioteca conta con libros de literatura, ciencia, historia, economía, antropoloxía, educación… todos eles tanto divulgativos como técnicos.

Antes de enviarnos libros, póñase en contacto connosco. Por último, animámosvos a que propoñades libros que pensedes que poden ser de interese aínda que non estean incluídos na lista que aparece a continuación.

Libros de interese

Contacto: laricotta_ass_cult@anche.no . Asunto: Biblioteca.